O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua. En caso de aprobar todas as probas con nota igual ou superior a 5/10, considerarase que o alumnado aprobou a avaliación continua. Non se fai nota media. De non aprobar a avaliación continua, deberá avaliarse de todo o temario na convocatoria de xullo. O alumnado que non siga a avaliación continua deberá realizar un exame a finais do cuadrimestre (avaliación única) sobre todos os contidos da materia especificados no apartado CONTIDOS da guía docente, así como das lecturas obrigatorias. O exame da convocatoria de maio (avaliación única) e de xullo consistirá na realización dunha tradución do francés ao castelán dun texto audiovisual (que contará o 60% da nota), así como do control das lecturas obrigatorias (que contará o 40% da nota). As faltas de ortografía penalizaranse con 1 punto/erro. Datas das probas:
AVALIACIÓN CONTINUA: - Proba de teoría: Na décima semana.
- Proba tradución audiovisual: Última semana de docencia. AVALIACIÓN ÚNICA: A proba de avaliación única terá lugar na data oficial marcada polo decanato. O que suspenda a convocatoria de maio, terá que avaliarse de todos os contidos da materia en xullo. Penalizarase a copia ou plaxio. |