Lección maxistral |
Ao fío dos traballos prácticos, trataranse na aula diferentes cuestións relacionadas co desempeño profesional da interpretación, as modalidades da actividade e as técnicas de interpretación máis estendidas nas distintas situación comunicativas. |
Debate |
O docente e os alumnos sentaranse para discutir, a modo de terapia, as diferentes dificultades que aparezan durante a realización dos exercicios prácticos. O obxectivo é que a posta en común contribúa a resolver os distintos problemas de interpretación que vaian xurdindo ao longo do curso. |