O estudantado será avaliado a través de dúas probas consistentes na interpretación simultánea dun discurso na combinación FR>GL, cun valor do 40% cada proba.
Os criterios de avaliación serán os descritos no apartado anterior.
ALUMNADO DE AVALIACIÓN CONTINUA:
As probas terán lugar nas últimas semanas do calendario lectivo, previo acordo co estudantado.
A porcentaxe da nota das probas será do 40% en cada unha, para o estudantado que se acolla a
este sistema de avaliación.
Será imprescindíbel obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nas probas de
interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se
sumará a puntuación acadada nos outros apartados. Será necesario
aprobar todas as partes da materia para facer a media na avaliación continua.
ALUMNADO DE AVALIACIÓN ÚNICA:
A proba terá lugar no día indicado no calendario de exames aprobado no
decanato.
A porcentaxe da nota do exame é do 100% para os estudantes que se acolleren a
este sistema de avaliación.
EXAME DE XULLO
O exame da convocatoria extraordinaria de xullo celebrarase o día marcado no
calendario oficial. Empregaranse os mesmos criterios de avaliación que se
aplican á proba realizada na convocatoria ordinaria. Non se terá en conta o correspondente á avaliación continua e a cualificación de xullo corresponderá
unicamente ao resultado do exame realizado nesta convocatoria.
|