A data oficial para a proba final tanto para o alumnado de avaliación continua como única será a data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT. Independentemente da eventual nota parcial de avaliación contínua, é imprescindíbel obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nas dúas probas finais de interpretación simultánea (directa e inversa) para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos outros apartados. Aos estudantes que se acollan á avaliación continua e suspendan a primeira edición conservaránselles as notas aprobadas correspondentes á avaliación continua na segunda edición dentro da mesma convocatoria. A porcentaxe da nota do exame que recolle ambalas dúas pruebas directa e inversa é do 75% para os estudantes que se acollan á avaliación contínua e do 100% para o resto de estudantes. Os criterios de cualificación serán os referidos anteriormente: - contidos: coherencia intra e intertextual - produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia. -correción gramatical e léxica do produto -do discurso interpretado. A segunda convocatoria levarase a cabo nas mesmas condicións que a primeira. |