Lección maxistral |
Sesións ou partes de sesións nas que se repasan os aspectos teóricos que vaian xurdindo en relación cos exercicios prácticos de IS. As explicacións do/a profesor/a complementaranse coas lecturas correspondentes. |
Traballo tutelado |
Trátase do traballo principal que se desenvolve nos laboratorios habilitados para a práctica da interpretación. Realizaranse actividades relacionadas coas principais estratexias para a interpretación simultánea e exercicios prácticos de interpretación simultánea (inglés-español e español-inglés), en varias áreas temáticas e reproducindo diferentes supostos de traballo, así como tarefas de preparación conxunta e individual dos exercicios prácticos (análise de vocabulario relevante, lectura rápida, tradución á vista con e sen lectura previa, etc.). Os exercicios prácticos de IS en cabina complementaranse con escoitas e análises críticas por parte do/a docente e dos propios alumnos/as. |
Estudo previo |
Os/as alumnas deberán complementar o traballo da aula con actividades previas de documentación e preparación das áreas temáticas coas que se traballe (familiarización co tema, elaboración de glosarios, preparación de materiais de apoio fornecidos con antelación, etc.). |