Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación IV: Revisión e corrección de textos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Exercicios puntuais propostos ao fío dos contidos desenvolvidos nas sesións 15 A1
A2
C3
C4
C12
C15
C16
C17
C19
D3
D23
Prácticas con apoio das TIC Encargos de revisión e corrección de textos que deberán ser entregados en tempo e forma a través dos medios sinalados polo profesorado 15 C1
C2
D9
D12
D17
D18
Resolución de problemas de forma autónoma Proba teórico-práctica (32%) cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT.
Test de coñecemento (13%) sobre a materia.
45 A1
A2
C1
C2
C3
C4
D4
D9
D18
D22
Debate Valorarase a participación activa nas sesións presenciais 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A copia ou o plaxio

serán actos penalizados en todas as probas.


O alumnado que decida acollerse a avaliación única debería comunicarllo ao profesorado en tempo e forma.

Na plataforma Moovi especificaranse as datas de entrega de actividades, probas e encargos de revisión e corrección de textos que terán un peso específico na cualificación da avaliación continua.

En canto á avaliación continua, a proba teórico-práctica (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) consistirá en responder correctamente a unha serie de preguntas sobre as unidades didácticas da programación da materia, por unha banda, e demostrar a aplicación práctica dos protocolos de revisión e corrección de textos apresos en clase, por outra banda. Prestarase unha especial atención ao dominio das normas ortográficas, morfológicas e sintácticas na redacción das respostas. ATENCIÓN! Cometer tres faltas de ortografía invalidan a proba teórico-práctica

Para o alumnado que decida acollerse a avaliación única, é dicir, non sometido a avaliación continua, terase en conta unicamente a proba teórico-práctica (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) consistente en responder correctamente a unha serie de preguntas sobre as unidades didácticas da programación da materia, por unha banda, e demostrar a aplicación práctica dos protocolos de revisión e corrección de textos apresos en clase, por outra 

A convocatoria de 2.ª oportunidade para o alumnado que se acolla a avaliación única consistirá nun exame que constará das mesmas partes que se acaban de describir no parágrafo anterior. En canto ao alumnado de avaliación continua, nesta 2.ª convocatoria manteranse e terán en conta as notas das probas superadas na 1.ª, debéndose repetir aquelas que non foron superadas.

O profesor coordinador da materia, Dr. D. José Yuste Frías, impartirá 12,7 horas, é dicir, 3 sesións a cada un dos 3 grupos de alumnado (un total de 9 sesións). As profesoras contratadas durante o curso 2024-2025 para esta materia, Lic. D.ª Patricia Sotelo Deus e Lic. D.ª Ana Hermida Ruibal, impartirán, respectivamente, 101 horas e 30,30 horas, é dicir, 19 sesións e 6 sesións, a cada un dos 3 grupos de alumnado (un total de 57 e 18 sesións, respectivamente), eminentemente prácticas con vistas á aplicación de toda a teoría que sobre a revisión e os protocolos de corrección púidose ver en clase.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000