Fase inicial: introdución
1. Repaso e consolidación dos obxectivos de aprendizaxe da materia de interpretación de enlace.
2. Posta en valor da cultura xeral: asunción das lagoas de coñecemento e fomento da curiosidade.
3. Introdución de obxectivos específicos de interpretación consecutiva. |
1. Conseguir seguridade e confianza ao falar en público: superar o nerviosismo, eliminar xestos que interfiran na comunicación, utilizar a voz e a postura de maneira adecuada.
2. Axustar o nivel da lingua materna: utilizar un rexistro adecuado, eliminar marcas informais da lingua, mobilizar un léxico rico e variado.
3. Ser conscientes do nivel necesario das linguas A e B: identificar posibles carencias e comezar a superalas.
4. Aumentar a capacidade de escoita e análise, concentrarse na escoita, ordenar a mensaxe.
5. Familiarizarse coas fórmulas e esquemas habituais dos discursos formais.
6. Elaborar discursos propios na lingua A con fluidez e propiedade.
7. Reformular sinteticamente e con corrección na lingua B os discursos producidos na lingua A. |
Fase intermedia I
1. Desenvolvemento das competencias esenciais para realizar unha boa interpretación consecutiva. |
1. Elaborar discursos propios na lingua B con fluidez e propiedade.
2. Reformular sinteticamente e con corrección na lingua A os discursos producidos na lingua B.
2. Ter criterio para introducir a toma de notas durante a audición: aprender a seleccionar a información relevante.
3. Ser capaces de realizar unha interpretación consecutiva-resumo sen toma de notas entre as linguas B e A.
4. Equilibrar a utilización das notas e o uso da memoria.
5. Aumentar a capacidade de memoria a curto prazo: identificar os elementos que a desencadean, desenvolver a memoria visual e a memoria analítica.
6. Aumentar a rapidez de mobilización de recursos lingüísticos nas linguas A e B.
7. Aplicar os principios fundamentais da toma de notas á interpretación consecutiva. |
Fase intermedia II
1. Perfeccionamento das competencias fundamentais para realizar unha boa interpretación consecutiva.
2. Desenvolvemento da metacognición. |
1. Dominar a notación dos conectores.
2. Ter claro o que entendemos por unha boa interpretación e saber avaliar interpretacións propias e alleas.
3. Saber detectar os defectos sobre o desempeño propio e de elaborar e aplicar un plan de traballo adecuado ás necesidades de aprendizaxe.
4. Consolidar as capacidades de escoita, análise e memoria a curto prazo.
5. Experimentar distintas formas de toma de notas, decidir cando e como e probar o uso de símbolos.
6. Desenvolver a capacidade de anticipación.
7. Desenvolver a capacidade de resolución de problemas: aceptar a imposibilidade de perfección da interpretación e do control sobre as intervencións orixinais. |
Fase avanzada: consolidación e perfeccionamento
1. Superación definitiva das dificultades de aprendizaxe.
2. Consolidación da técnica de interpretación consecutiva ante situacións de maior nivel de dificultade.
|
1. Ser capaz de restituír información máis complexa en consecutiva (conceptos abstractos, nomes propios, números e unidades...) e saber adaptar a estratexia de toma de notas en función do discurso.
2. Ter confianza no sistema propio de toma de notas e incorporar a el aqueles símbolos o formas de notación útiles para cada estudante.
3. Superar definitivamente os problemas específicos de cada estudante.
4. Dominio das decisións sobre a toma de notas, a análise e a restitución do discurso.
5. Introdución de discursos de especialidade: preparación terminolóxica, resolución de problemas.
6. Consolidación da técnica de interpretación consecutiva con toma de notas con discursos máis densos, complicados e rápidos. |