Obradoiro |
Intervencións nas linguas A e B en simulacros de encontros interpretados |
40 |
|
|
C1 C2 C3 C4 C8 C13 C17 C20
|
D6 D7 D10 D11 D12 D13 D16 D17
|
Práctica de laboratorio |
Proba de interpretación bilateral realizada na última semana de clase.
Para cualificala empregarase unha matriz de valoración que avalía a interpretación en función de catro criterios (fluidez e seguridade, expresión e corrección, resolución de problemas e contido) cuxa ponderación se especifica na matriz. Á marxe da media final, é condición sine qua non para dar por superarada a proba obter un mínimo de aprobado na parte de contido. |
40 |
|
|
C1 C2 C3 C4 C6 C8 C13 C17 C20 C21
|
D6 D7 D8 D9 D10 D11 D13 D16 D17
|
Para poder optar á avaliación continua —explicitada na sección "Avaliación" desta guía docente— cómpre realizar satisfactoriamente todas e cada unha das seguintes tarefas ou probas: participación na discusión e aplicación dos coñecementos teóricos á práctica da interpretación bilateral, intervencións nas linguas A e B como simulacros de encontros interpretados, exercicio de autoavaliación e realización dunha proba de interpretación; todas elas deberán realizarse segundo a secuenciación proposta na clase para o mellor aproveitamento do curso. Así mesmo, dado o deseño e carácter práctico da materia, baseados na aprendizaxe progresiva, recoméndase asistir ás clases, aínda que non é obrigatorio. Tanto a avaliación única (para aquel alumnado que renuncie á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nun exame de interpretación bilateral dun encontro entre falantes das linguas A e B e ambas terán lugar nas datas establecidas no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT. |