Lecturas obrigatorias (avaliación continua e única): Schwartz, Simon. 2021. Drüben!. Berlin: Avant-Verlag. LiES.
Das Buch Literatur in Einfacher Sprache. Geschichten von Alissa Walser, Anna Kim,
Arno Geiger, Henning Ahrens, Jens Mühling, Judith Hermann, Julia Schoch,
Kristof Magnusson, Maruan Paschen, Mirko Bonné, Nora Boss. Lectura obrigatoria (avaliación única): Schote, Joachim. 2016. Grundwissen Politik,
Geschichte und Gesellschaft in Deutschland. Berlin. Avaliación continua: Para unha axeitada avaliación continua recoméndase unha asistencia asídua e participativa ás aulas. É obrigatorio cumprir coas esixencias do traballo tutelado e as lecturas obrigatorias. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. Para aprobar a materia cómpre acadar polo menos un 5/10 en cada parte do exame final. A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. Data da proba Práctica de laboratorio: sesión 13 da materia. Data límite de entrega dos traballos tutelados: 20 de decembro. Data do exame: A data e hora do exame da avaliación continua será na última sesión da materia. Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio. Avaliación única: O alumnado que non se acolle á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar na data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.
O exame de avaliación única constará nun exercicio de tradución do
alemán cara ó galego dun texto de aprox. 250-300 palabras que, ademais,
poderá incluír preguntas de cuestións teóricas e prácticas relativas ó
total dos contidos, e mais no resumo en galego dun texto en alemán. Para a nota final é imprescindible aprobar cada unha das partes da tadución do exame final. Convocatoria de xullo: A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.
O exame constará nun exercicio de tradución do alemán cara ó galego dun texto de aprox. 250-300 palabras que, ademais, poderá incluír preguntas de cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos, e mais no resumo en galego dun texto en alemán. Para a nota final é imprescindible aprobar cada unha das partes da tadución do exame final. Penalizarase a copia e o plaxio. É responsabilidade do alumnado consulta-los materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia, así como estar informado das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación. |