Lección maxistral |
Exposición por parte da docente dos contidos da materia obxecto de estudo. Dada a natureza esencialmente práctica da materia este tipo de clases será moi reducido e utilizaranse para:
a) introducir as diferentes unidades
b) sistematizar aspectos abordados, problemas e estratexias tradutoras.
c) establecer as directrices de encargos/proxectos, e exercicios ou actividades a desenvolver polo/a estudante.
|
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Encargos e proxectos de tradución que se realizarán de acordo con as indicacións dadas nas sesións presenciais. Indicarase se se realizarán de forma individual ou en grupo. |