Para poder cursar con aproveitamento esta materia é recomendábel ter o nivel A2 ó inicio do semestre e acadar o nivel B1 ó finalizar o 4º semestre (lingua alemá).
ALUMNADO cuxa 1ª lingua non sexa o galego (alumnado Erasmus, Seneca etc.): Requírese polo menos un nivel B2 na lingua galega e C1 da lingua alemá ou C2 en galego e A2 en alemán.
É responsabilidade do alumnado consulta-los materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia, así como estar informado das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación.