É responsabilidade do alumnado consultar os materiais
e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas
de entrega de traballos, probas, etc.
De acordo coa normativa da Uvigo respecto da
avaliación de traballos, encargos, etc: se se detéctase que estes (ou
algunha dos seus partes) son plaxios ou non son de autoría propia, a
cualificación dos mesmos será 0. Considérase plaxio o uso de programas de
tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas
correccións. Alegar descoñecemento destas cuestións non eximirá o alumnado da
súa responsabilidade en relación coas mesmas.
AVALIACIÓN CONTINUA
1- O alumnado deberá informar o profesorado nas
dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse a avaliación
continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase.
2- Aquelas persoas que por motivos de traballo
ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á
profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a
conciliación laboral e familiar.
3- O non entregar os encargos ou non realizar
algunha das dúas probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a
anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente. O alumnado terá que
presentarse á convocatoria única.
4- O alumnado que se acolla á avaliación
continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á
convocatoria extraordinaria de xullo na data de exame publicada polo decanato.
a) Si ten unha nota media superior a 5 nos dous
apartados: Encargo de tradución (20%) e Revisión de tradución (20 %), só
deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de decembro.
b) Si non se ten unha nota media superior a 5 nos dous
apartados: Encargo de tradución (20%) e Revisión de tradución (20 %) terá
que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación:
1. Tradución
con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. Só se poderá usar documentación en
papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Se
permitirá unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos
propios ou similares.
2. Revisión
de tradución: 40% da nota. Se permitirá o uso de fontes electrónicas. Se poderá pedir ademais
argumentación oral das correccións introducidas nunha data que se fixará de
común acordo entre alumnado e profesora.
No caso b) a nota mínima da tradución con
tempo limitado para facer a media entre partes será dun 5 sobre 10. De non
alcanzar esta nota, non se contará a revisión da tradución e a nota final será
a do exame con tempo limitado.
CONVOCATORIA ÚNICA (XANEIRO E XUÑO)
O alumnado que non se acolla á avaliación
continua ou que teña a materia pendente de cursos anteriores se presentará na
data oficial do exame (xaneiro ou xuño segundo corresponda) de xaneiro
publicada polo decanato a unha proba que consistirá en:
1.Tradución
con tempo limitado (2 horas): 60 % da nota. Soamente se poderá usar
documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o
computador. Se permitirá unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de
apuntamentos propios ou similares.
2. Revisión
de tradución (1 hora) que se realizará na data oficial do exame: 40 % da nota.
Se permitirá o uso de fontes electrónicas. Se poderá pedir ademais a argumentación
oral das correccións introducidas nunha data que se fixará de común acordo
entre alumnado e profesora.
A nota
mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes
será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará a revisión de
traducción e a nota final será a do exame.
ALUMNADO
ERASMUS
Esta materia
non está dirixida á aprendizaxe do español nin do francés. Considérase que o
alumnado xa posúe un bo nivel do mesmo.
Para poder
cursar a materia recoméndase un nivel B2 de español.
Non se
recomenda seguir esta materia a aquel alumnado que:
1. Non teña
como primeira ou segunda lingua de traballo o español.
2- Non curse
estudos de linguas ou traducción.