O alumnado que se acolle á avaliación continua na primeira edición de actas conserva a nota das probas superadas para a segunda edición.
Cómpre aprobar os dous exames para superar a materia.
O alumnado que se acolle á avaliación única na primeira edición de actas conserva a nota das probas superadas para a segunda edición.
------------------------------------
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
Corrección lingüística
Os erros de lingua que sobrepasen a proporción de tolerancia fixada pola docente durante o curso provocarán o suspenso de calquera traballo ou exame.
Teledocencia
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e estar ao tanto das datas de entrega e de realización das probas de avaliación.
IMPORTANTE:
A bibliografía recomendada, así como as lecturas obrigatorias, estarán en Moovi a disposición do alumnado presencial e non presencial.