Lección maxistral |
As sesións maxistrais destinaranse a presentar o marco profesional da tradución dende o francés cara ao galego, a relembrar o proceso de tradución e a expoñer as bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que deberá desenvolver o alumnado. Malia tratárense de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e apoiaranse en material práctico. |
Obradoiro |
Os obradoiros son a principal ferramenta diagnóstica. Neles proporanse traducións dirixidas, co fin de comprobar a competencia tradutora do alumnado. Ao mesmo tempo, as traducións dirixidas permitirán familiarizarse co método de traballo e de avaliación docente. |