Consideracións xerais O dominio das competencias lingüísticas e comunicativas desta materia será avaliado por medio de varias probas parciais para cada unha das destrezas especificadas nesta guía docente. As datas concretas para cada proba serán anunciadas polo profesorado na aula con suficiente antelación. A cualificación final da materia será calculada tendo en conta todas as destrezas traballadas ao longo do cuadrimestre, coa distribución indicada no epígrafe anterior e detallada a continuación: Use of English & Vocabulary: 35% Reading: 25% Writing: 40% Para superar a materia será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 5 puntos como nota global, sendo 5 puntos a puntuación mínima requirida en cada unha das destrezas. Observacións A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e estilística. De non ser así, a proba de avaliación pode resultar nun suspenso. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia no seu conxunto, independentemente das probas xa realizadas e/ou aprobadas. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. É responsabilidade do alumnado consultar o correo electrónico con regularidade, consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia, e estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. As datas de avaliación única son anunciadas na web da FFT. As datas de avaliación continua son anunciadas na clase con suficiente antelación, agás aquelas probas de carácter espontáneo. O profesorado non está obrigado a comunicar as datas de avaliación mediante a plataforma de teledocencia. Se por algunha circunstancia sanitaria os exames presenciais non puidesen celebrarse, poderá considerarse a realización da proba ou probas de avaliación afectadas mediante a plataforma de teledocencia e/ou por Campus Remoto. |