É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas, etc.
De acordo coa normativa da Uvigo respecto da avaliación de traballos, encargos, etc: se se detéctase que estes (ou algunha dos seus
partes) son plaxios ou non son de autoría propia, a cualificación dos mesmos será 0. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática mesmo cando
o texto resultante presente algunhas correccións. Alegar descoñecemento destas cuestións non eximirá o alumnado da
súa responsabilidade en relación coas mesmas.
AVALIACIÓN CONTINUA 1- O alumnado deberá informar á profesora nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse a avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase. 2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar. 3- O non entregar os encargos ou non realizar algunha das dúas probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente. O alumnado terá que presentarse á convocatoria única. 4- O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria
extraordinaria de xullo na data de exame publicada polo decanato. a) Si ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargo de tradución (20%) e Revisión de tradución (20 %), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de decembro. b) Si non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargo de tradución (20%) e Revisión de tradución (20 %) terá que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación: 1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. Só se poderá usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Se permitirá unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares. 2. Revisión de tradución: 40% da nota. Se permitirá o uso de fontes electrónicas. Se poderá pedir ademais argumentación oral das correccións introducidas nunha data que se fixará de común acordo entre alumnado e profesora. No caso b) a nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará a revisión da tradución e a nota final será a do exame con tempo limitado. CONVOCATORIA ÚNICA (XANEIRO E XUÑO) O
alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a
materia pendente de cursos anteriores se presentará na data oficial do exame (xaneiro ou xuño segundo corresponda) de xaneiro publicada polo decanato a unha proba que consistirá en: 1.Tradución con tempo limitado (2 horas): 60 % da nota. Soamente se poderá usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar
o computador. Se permitirá unicamente o uso de libros e dicionarios,
pero non de apuntamentos propios ou similares. 2. Revisión de tradución (1 hora) que se realizará na data oficial do exame: 40 % da nota. Se permitirá o uso de fontes electrónicas. Se poderá pedir ademais a argumentación oral das correccións introducidas nunha data que se fixará de común acordo entre alumnado e profesora. A
nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media
entre ambas as partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non
se contará a revisión de traducción e a nota final será a do exame. ALUMNADO ERASMUSEsta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do francés. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do mesmo.
Para poder cursar a materia recoméndase un nivel B2 de español. Non se recomenda seguir esta materia a aquel alumnado que: 1. Non teña como primeira ou segunda lingua de traballo o español. 2- Non curse estudos de linguas ou traducción. |