Cada estudante seguirá a docencia desta materia dentro de dous grupos diferentes: un grupo chamado común, composto por persoas matriculadas sen distinción por combinación lingüística, e un grupo chamado combinado, composto por persoas que comparten un mesmo idioma de traballo.
É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles nas plataformas de traballo Moovi, BeA e Phrase (exercicios, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.
Para comezar a cursar esta materia os alumnos e alumnas deberán posuír certos coñecementos e destrezas previos que se consideran ferramentas básicas de traballo:
- dominio das normas cultas das linguas de traballo e corrección na expresión oral e escrita
- lectura comprensiva de textos (detección de dobres sentidos, intencionalidades ocultas, ironía, manipulación ideolóxica etc. ) escritos nas linguas de traballo
- coñecementos básicos de ofimática, comunicación electrónica e internet: procesador de textos, correo electrónico, navegadores, dicionarios e enciclopedias electrónicos, correctores ortográficos etc.
- uso eficiente dos fondos das bibliotecas, fontes de documentación e dicionarios
Para conseguir estes requisitos proponse o seguinte plano de traballo que o alumno debería desenvolver antes de comeza-lo período de docencia ou durante as 4 primeiras semanas do cuadrimestre:
- estudo das normas ortográficas e morfolóxicas das linguas de traballo (véxase apartado de bibliografía)
- exercicios de lectura de todo tipo de textos escritos nas linguas de traballo
- traballo práctico co ordenador para familiarizarse co seu manexo, cos distintos programas e cos diferentes formatos textuais
- sesións de traballo práctico na rede: busca e consulta de fontes de documentación (dicionarios, enciclopedias), xestión de contas de correo electrónico, envío de arquivos etc.
- asistencia ós cursos de formación ofrecidos pola Bibiblioteca xeral e pola biblioteca da facultade.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000