Tanto na modalidade de avaliación continua como na modalidade de avaliación única os distintos exercicios e exames poderán realizarse a través da plataforma de teledocencia Moovi (https://moovi.uvigo.gal/) ou da plataforma de exames BeA (https://bea.det.uvigo.es). AVALIACIÓN CONTINUA Quen se acolle ó réxime de avaliación continua? Para beneficiarse do réxime de avaliación continua será preciso ter como mínimo un 80 % de presencialidade, responder activamente ás tarefas individuais e colectivas que suxira o equipo docente ó longo do curso e entregar todos os traballos das probas dentro dos prazos correspondentes. Se por circunstancias xustificadas, por exemplo laborais ou de saúde, non é posible cumprir co requisito da presencialidade, o equipo docente tratará de propoñer estratexias de aprendizaxe alternativas. O módulo común avalíase mediante - unha presentación (30 %) - unha proba escrita sobre un estudo de casos (15 %) - a actividade en foros de discusión (5 %)
O módulo combinado avalíase de maneira diferente en función do idioma.
O módulo combinado de inglés valora: - competencias demostradas en estudos de casos (5 %) - actividade nos foros de discusión (5 %) - exame final de resolución de problemas (40 %)
O módulo combinado de francés avalíase con dúas probas: - unha primeira proba non presencial de resolución de problemas (20 %) - unha segunda proba non presencial de resolución de problemas (30 %)
CONVOCATORIA ÚNICA
As convocatorias únicas de maio-xuño e de xuño-xullo de 2024 consistirán en dúas probas, unha delas non presencial para o módulo común e outra presencial para o módulo combinado, inglés e francés. O módulo común avaliarase mediante un exercicio de estudo de casos (50 % da nota final). O prazo de entrega desa proba comunicarase o día da data do exame de convocatoria única. O módulo combinado avaliarase mediante un exame de resolución de problemas (50 % da nota final). A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.
|