Esta materia pretende a consecución e consolidación das destrezas comunicativas e lingüísticas en lingua inglesa, prestando especial atención á aprendizaxe de gramática e vocabulario (Use of English: Grammar and Vocabulary) e ás destrezas de comprensión escrita (Reading) e produción escrita (Writing). O curso terá unha orientación práctica.
Os materiais teóricos e prácticos seguirán o nivel B2+ e o nivel avanzado C1, segundo os estándares do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Ao superar a materia, a/o estudante acadará un nivel B2, segundo o Marco común Europeo de Referencia para as Linguas, para as destrezas de comprensión lectora e produción escrita.