Resolución de problemas |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación
de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase
empregar como complemento da lección maxistral. |
Traballo tutelado |
O/A estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do/a estudante. |