Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Morfosintaxe do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicación pormenorizada dos contidos por parte da docente e outras persoas expertas convidadas.
Presentación Presentación por parte do alumnado en grupos pequenos. As presentacións conterán contidos teóricos e/ou resultados da súa investigación propia.
Foros de discusión O alumnado deberá participar nos foros de discusión de Moovi que se abran para cada tema ou subtema. Inserirán preguntas e/ou comentarios que despois se debatirán na clase.
Estudo previo O alumnado deberá ler bibliografía especializada sobre as cuestións morfosintácticas que se tratarán na aula.
Aprendizaxe baseado en proxectos Proxecto en grupo que incluirá revisión de bibliografía sobre o tema seleccionado e a sistematización de datos recollidos a través de entrevistas e/ou cuestionarios. A presentación dos resultados poderá ter forma de vídeo (knowledge clip), video-podcast, ou presentación tradicional. Estes proxectos contarán coa guía constante da docente.
Saídas de estudo O alumnado levará a cabo entrevistas/cuestionarios a falantes seguindo as pautas sinaladas pola docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000