Pautas xerais As/os estudantes deberán escoller, de
forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre
dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición
en "Avaliación") ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo
primeiro. A copia ou o plaxio en calquera das
probas das avaliacións
continua ou única poderá motivar a solicitude de apertura dun expediente
sancionador, nas dúas edicións das actas. Alegar descoñecemento do que
supón plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nese
aspecto. A persoa docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente. Avaliación continua Para superar a materia, será preciso entregar
coa regularidade requirida as prácticas de clase e obter unha nota mínima de cinco (sobre dez) en todas as partes de
avaliación. De non acadar a
nota de cinco nalgunha destas formas de avaliación, non se realizará media. A non realización de probas ou exercicios
parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a
descrición en "Avaliación") suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero)
puntos nesta. A data do exame de avaliación
continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no
calendario oficial da FFT. O exame oral realízase inmediatamente despois de rematado o exame escrito. Avaliación única Para superar a materia, será preciso
superar cunha nota mínima de cinco (sobre 10) as dúas probas seguintes: -Exame oral (40%). -Exame escrito (60%). Deberase obter en ambos casos unha
cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) para poder efectuar media. A data do exame de avaliación única (oral e escrito) será establecido pola FFT e publicado no
seu calendario oficial. Segunda edición das actas Os mesmos criterios de avaliación
única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo). O alumnado de avaliación continua que
non supere a materia na primeira convocatoria e teña que acudir á segunda edición
das actas terá que presentarse unicamente á parte que teña suspensa. En todo caso, recoméndase a asistencia regular ás aulas e ás
titorías e a consulta dos materiais e informacións
específicas na plataforma Moovi, mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua. Outros comentarios
- As prácticas de clase e traballos
de aula (estudos de caso etc.) deberán entregarse na semana seguinte á que foron
propostas na aula.
- Terase en conta non só a pertinencia e calidade das respostas, senón
tamén a súa corrección lingüística. Penalizaranse os erros de
expresión (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso
inadecuado do
léxico etc.). |