As clases desta materia impartiranse en lingua portuguesa, podendo as/os estudantes responder en lingua portuguesa, galega ou castelá, segundo as súas preferencias. As exposicións orais realizaranse em lingua portuguesa ou galega. Os traballos escritos poden ser redactados en lingua portuguesa (preferentemente), galega, castelá, inglesa, francesa ou alemá.
Con todo, recoméndase con toda a insistencia que a/o estudante dispoña dun coñecemento pasivo de lingua portuguesa suficiente (B2) para poder seguir unha exposición académica e, tamén, para ler e comprender textos literarios e ensaísticos neste idioma.
Convén que o alumnado se habitúe ao longo do cuadrimestre a ler/oír/ver noticias en lingua portuguesa en medios de comunicación tanto portugueses, brasileiros como tamén africanos lusófonos.
|