Avaliación do curso de Pronunciación (2024/25) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (DECEMBRO) A1) Avaliación continua A avaliación será continua e terá lugar ao final do
primeiro cuadrimestre. Para a avaliación continua computarán os seguintes
parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes equivalentes
da cualificación final): (1) Proba parcial (15%) sobre os contidos
teóricos, a resolución de exercicios ou problemas relacionados coa teoría dos 4
primeiros temas e unha transcrición fonolóxica. A proba terá lugar na semana
inmediatamente posterior á finalización do tema 4 durante a sesión de clase. O día da realización desta proba será anunciado en clase e
a través da plataforma MooVi coa debida antelación. (2) Proba parcial de laboratorio (10%) sobre as actividades de discriminación
auditiva e produción oral. O día da realización desta proba será anunciado en
clase e a través da plataforma MooVi coa debida antelación. (3) Actividades puntuais (15%), como resolución
de exercicios, transcricións, gravacións, controis, etc., que a profesora
solicite realizar dentro ou fóra da aula e mande entregar, con ou sen previo
aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. A
non entrega dunha actividade en tempo e forma puntuará como cero. (4) Exame final teórico-práctico (40%) que
abarcará todos os contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do
cuadrimestre, incluíndo as lecturas obrigatorias, tanto do libro de texto como
as complementarias. O exame terá lugar na data, hora e lugar que figure
no calendario oficial que aprobe a Xunta de Facultade. (5) Exame final de laboratorio (20%) sobre as
actividades de discriminación auditiva, transcrición dun texto oral e produción
oral realizadas ao longo do cuadrimestre. Sempre que
sexa posible, o exame terá
lugar na mesma data ca o exame final teórico-práctico. En calqueira caso, o día,
hora e lugar será anunciado en clase e a través da plataforma MooVi coa debida
antelación. É
requisito indispensable para superar a avaliación continua acadar unha nota de
alomenos 5/10 nos parámetros (3), (4) e (5) arriba mencionados. No caso das
actividades/exercicios/ problemas/controis, haberá que acadar unha nota media
de alomenos 5/10 entre todos os entregables para poder superar a avaliación
continua. De non cumprirse estes requisitos, non se aprobará a materia aínda
que a nota media dos mencionados parámetros sexa 5 ou superior. A2) Avaliación única O alumnado que por motivos debidamente xustificados
non poida acollerse á avaliación continua deberá comunicarllo á profesora nos
15 primeiros días do curso. Este alumnado será avaliado en
base a dous exames finais: un exame teórico-práctico que abarcará todos
os contidos explicados ao longo do primeiro cuadrimestre, incluíndo as lecturas
obrigatorias, tanto do libro de texto como as complementarias; e un exame final
de laboratorio que constará de exercicios de discriminación auditiva,
transcrición dun texto oral e produción oral. Os exames computarán,
respectivamente, como un 65% e un 35% da cualificación final. Para aprobar a materia é
requisito indispensable superar ámbolos dous exames cunha cualificación de
alomenos 5/10. De non cumplirse este requisito, non se aprobará a materia
aínda que a nota media dos dous exames sexa 5 ou superior. Os dous exames celebraranse na mesma data, hora e
lugar que os exames finais do alumnado que segue a avaliación continua (véxase
apartado A1). (B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO) Tanto o alumnado de avaliación
continua como única será avaliado en base a un exame final teórico-práctica
e/ou un exame final de laboratorio dependendo do(s) exame(s) final/finais que
a/o alumna/o suspendera na primeira avaliación en decembro (1ª edición de
actas). Considérase suspenso calquera exame/actividade (ver parámetros (3), (4)
e (5) do apartado A(1)) no que non se acadara unha cualificación de alomenos
5/10 en decembro. De ter aprobado un dos dous exames finais na primeira
edición de actas, manterase esa nota para a edición de xuño. O alumnado que
teña a materia suspensa por mor das actividades puntuais, deberá repetir o
exame final teórico para aprobar a materia. O exame teórico-práctico abarcará todos os contidos
explicados ao longo do primeiro cuadrimestre, incluíndo as lecturas
obrigatorias, tanto do libro de texto como as complementarias. O exame final de
laboratorio constará de exercicios de discriminación auditiva, transcrición dun
texto oral e produción oral. Os exames computarán, respectivamente, como un
65% e un 35% da cualificación final. Para aprobar a materia é requisito indispensable
superar ámbolos dous exames cunha cualificación de alomenos 5/10. De non
cumplirse este requisito, non se aprobará a materia aínda que a nota media dos
dous exames sexa 5 ou superior. Para os dous tipos de alumnado, o exame
teórico-práctico terálugar na data, hora e lugar que figure no
calendario oficial que aprobe a Xunta de Facultade. Sempre que sexa posible, o exame práctico de
laboratorio terá lugar na mesma data ca o exame final teórico-práctico. En
calqueira caso, o día, hora e lugar será anunciado a través da plataforma MooVi
coa debida antelación. MOI IMPORTANTE - Só poderá facer as probas
parciais o estudantado de avaliación continua que se presente/faga o resto
das probas avaliables. - Non se poderá cambiar de
tipo de avaliación (de única a continua, nin de continua a única)
transcurridos os 15 primeiros días do curso. - Tanto na avaliación continua
como na única terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das
respostas senón tamén a súa corrección lingüística e estilística. De non
ser así, a proba de avaliación pode resultar nun suspenso. - En caso de calquera tipo de plaxio
(eg. copia total ou parcial de textos, copia doutras/os estudantes en
exames/exercicios, etc.) nalgunha proba/exame/actividade puntual, a
cualificación final será de suspenso na materia nesa convocatoria. Alegar descoñecemento
do que supón un plaxio non eximirá ao/á alumno/a da súa responsabilidade neste
aspecto. Véxanse os artigos 40-42 do “Regulamento sobre a avaliación, a
calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do
estudantado” da UVigo. - A docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algunha proba/exame/actividade se teña sido feita total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola docente. - Non se admitirán cambios de
datas de exames/probas/entregas de actividades, salvo de xeito excepcional
e sempre que o cambio estea debidamente xustificado e sexa por causa de forza
maior. O alumnado de intercambio deberá ter en conta as datas oficiais dos
exames e planificar a súa estadía en Vigo en consonancia con esas datas. - Recoméndase a asistencia a
clase de xeito regular. |