Cada estudante debe poder responsabilizarse do contido das súas entregas e de utilizar correctamente as fontes de información apropiadas, para o que se recomenda encarecidamente o uso dos recursos da biblioteca universitaria.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
No que respecta ás ferramentas de Intelixencia Artificial, o seu uso debe ser ético e responsable. Se nunha tarefa avaliable hai indicios dunha utilización irregular ou abusiva de ChatGPT ou outras tecnoloxías semellantes, o profesorado da materia poderá esixir a repetición presencial da proba. |