1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS 1.1. Avaliación continua Na primeira
edición de actas, a avaliación realizarase consonte o detallado enriba. As probas de avaliación parcial terán
lugar durante o período lectivo en sesións de clase, en datas anunciadas na aula e publicadas
na plataforma de teleaprendizaxe da materia. A
cualificación mínima requirida na media dos sistemas de avaliación será de 5 puntos sobre 10 para poder superar a
materia. Cómpre observar que, para que as cualificacións das probas parciais sexan ponderadas, a nota mínima en cada proba non poderá ser inferior a 5/10 puntos. Toda persoa que realice o primeiro exame parcial terá que continuar polo sistema de avaliación continua, sen que sexa posible ter realizado unha proba parcial e despois pasar ao sistema de avaliación única (véxase 1.2.). 1.2. Avaliación única Se algun/ha alumno/a non desexa acollerse ao sistema de avaliación continua, deberá comunicarllo ao profesorado ao comezo do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase).
Nese caso, poderá ser avaliado/a mediante unha proba única, baseada nos
contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios
prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este
exame terá lugar no período de exames na data oficial aprobada pola Facultade. A escolla desta opción de avaliación en
ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás clases, sempre que o/a estudante o desexe, pero si a perda do dereito de realizar as probas de avaliación parcial descritas en 1.1. 2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS Na segunda edición de actas (xuño/xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único,
baseado na totalidade dos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e
exercicios prácticos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación
final. Este exame terá lugar no período de exames na data oficial aprobada pola
Xunta de Facultade.
Notas sobre a avaliación A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e estilística. De non ser así, a proba de avaliación pode resultar nun suspenso.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou proba suporá un suspenso na cualificación final. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. O alumnado alleo "incoming" en programas de intercambio que estea interesado en matricularse nun curso do grao deberá ter en conta a lingua e o nivel de lingua do devandito curso (B2.2>C1). |