Exame de preguntas de desenvolvemento |
1. Primer exame parcial relativo os contidos vistos nas tres primeiras lecturas feitas polo alumnado pola sua conta e logo analizadas e debatidas na aula coa profesora. 40% da nota total.
|
40 |
A1 A2 A3 A4
|
B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12
|
C23 C24 C25 C26 C27 C28
|
|
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS: A avaliación e cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua mais a nota media de dous exames parcíais de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A avaliación continua comprende a participación activa nas clases, a lectura obrigatoria dos libros indicados no programa e o seu comentario nas clases para demostrar a súa lectura razoada, asi como a realización e exposición de traballos fixados de común acordó coa profesora. Valorarase moi positivamente a asistencia e participación activa nas clases. Ademais, nas datas fixadas previamente pola profesora da materia haberá dous exames escritos. O contido dos devanditos exames terá que ver coas lecturas feitas na aula. Cada un dos dous exames acadará un valor do 40% da nota total da materia. Non se poderá superar a materia sen acadar un mínimo de 5 en cada una das partes evaluadas nos exames escritos. Os/As estudantes que suspendan na avaliación continua deberán examinarse de toda a materia na segunda edición de actas indicada máis abaixo. O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla a avaliación única deberá realizar tanto o exame escrito final sobre os contidos da materia, como tamén un traballo escrito adicional; o tema do traballo será acordado coa profesora responsable da materia. A data do exame escrito será a publicada no calendario oficial de exames do Decanato da FFT. A data límite de entrega do traballo escrito coincidirá tamén con esa data. A nota da materia resultará da nota media entre a cualificación obtida polo traballo escrito e a cualificación no exame, sendo preciso acadar un 5 como nota media entre ambas. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. O exame terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames publicado polo Decanato da FFT. |