O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame. Oportunamente, a comezo do curso académico, proporcionaráselle ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que conforman cada lección. 1.- Segundo se establece no Regulamento de Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (aprobado polo Claustro da Universidade de Vigo o 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a súa intención de non acollerse ao sistema de avaliación continua conforme ao procedemento e na data establecidos polos órganos competentes do Centro. No caso de que o Centro non determine unha data concreta, indicarao o profesorado o primeiro día de clase. 2.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado conforme aos seguintes criterios: 1º) Primeira proba parcial, que se realizará a metade do cuadrimestre (40%), 2º) Segunda proba parcial, que se realizará ao final do cuadrimestre (40%), 3º (Asistencia regular, participación activa na clase e actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario (20%). Aos efectos de poder realizar esta última avaliación controlarase a asistencia a clase. As dúas probas parciales son obrigatorias, incluirán preguntas teóricas e prácticas, e realizaranse en período lectivo, empregando a plataforma de teledocencia Moovi e o Campus Remoto. A parte práctica de cada unha das dúas probas suporá un 20%, mentres que a parte teórica de cada unha das dúas probas suporá un 80% da calificación. Cada unha destas dúas probas parciais é liberatoria sempre que o/a alumno/a acade unha cualificación mínima de 5 sobre 10, de maneira que tendo superadas ambas probas non estará obrigado/a a realizar o exame ou proba final, como requisito para superar a materia. Se só supera unha das dúas probas, a nota obtida mantense tanto na primeira como na segunda oportunidade. O alumno/a deberá presentarse ao exame da materia non superada. 3.- Os/as alumnos/as de avaliación global: a súa cualificación estará integrada polo 60% da cualificación obtida no exame teórico e o 40% da cualificación obtida no exame práctico, realizados a través da plataforma de teledocencia Moovi e o Campus Remoto, sendo ambos diferentes aos que realicen os alumnos/as de avaliación continua, no que se avaliarán todas as competencias. 4.- A proba final de avaliación realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico 2024/2025. A nota do exame final será a suma das notas obtidas segundo os criterios e porcentaxes anteriormente establecidos: -Os alumnos/as que sigan a avaliación continua terán que superar as probas parciais cunha nota mínima de 5 sobre 10, e en caso contrario deberán examinarse na primeira ou segunda oportunidade da materia non superada, e na/s parte/s non superada/s. Deberá acadarse a nota mínima de 5 sobre 10. Á nota ponderada de ambas as probas sumarase a cualificación obtida pola asistencia, participación na clase e nas actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario. De non superar as dúas probas parciais coa nota mínima de 5 sobre 10, a materia entenderase non superada e a acta reflectirá unicamente a cualificación obtida pola asistencia, a participación activa nas clases e as actividades organizadas pola área de Dereito Financeiro e Tributario. Así mesmo, o alumnado que superase as dúas probas parciais de avaliación continua realizadas durante o cuadrimestre poderá presentarse aos exames de primeira e segunda oportunidade para elevar a súa nota. -Alumnado con avaliación global: a súa cualificación estará composta polo 100% do exame final, sendo diferente á realizada polo alumnado de avaliación continua. ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA OS/AS ALUMNOS/AS QUE CONCURRAN Á CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA No exame de Fin de Carreira a nota final estará integrada polo 60% da cualificación obtida no exame teórico e o 40% da cualificación obtida no exame práctico. O exame de Fin de Carreira realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade. INFORMACIÓN ADICIONAL 1. A información sobre as actividades avaliativas está dispoñible no espazo da materia no campus virtual, baixo a etiqueta "Avaliación" de cada tema. 2. O alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda convocatoria) a partir da adaptación que destas actividades realice o docente e cuxo contido será colgado da plataforma. 3. Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada do alumnado que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do 30 de setembro. A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do alumnado matriculado na asignatura. A base de lexitimación para o tratamento deste dato realizase en aplicación do disposto no artigo 6.1.e) do RXPD no que o tratmento é necesario pra o exercicio dos poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas e no artigo 25.7 do RD 1971/2010, de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario. O acceso á imaxe e aos datos do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade dos mesmos. |