Estudo de casos |
Formulación e resolución de casos prácticos ao fin de levar á práctica os contidos teóricos da
materia. A tal efecto, o docente proporá ao alumnado a resolución de feitos, supostos, casos,
sentenzas, etc, coa finalidade de coñecelos, interpretalos, resolvelos, así como reflexionar sobre os
mesmos, contrastar datos, completar os seus coñecementos e adestrarse en procedementos
alternativos de solución. |
Instrucción programada |
Material docente facilitado ao alumnado que implique lectura de documentación científico-técnica especializada e que non se poida reconducir á metodoloxía lección maxistral. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
O alumnado sitúase no centro da aprendizaxe, sendo capaz de resolver de forma autónoma certos problemas ou retos. O profesorado apoia ao alumnado no camiño á solución, a modo de guía ou supervisor. |