Instrucción programada |
Material docente facilitado ao alumnado que implique lectura de documentación científico-técnica especializada e que non se poida reconducir á metodoloxía lección maxistral. |
Estudo de casos |
Método a través do cal o alumnado aprende a aplicar os textos xurídicos adecuados para resolver determinados problemas prácticos. O alumnado deberá elexir as normas correctas e interpretalas adecuadamente, para cada situación concreta. Con ísto conséguese despertar o interés sobre a materia amosando a súa importancia práctica, ademáis de desenvolver a comprensión dos textos xurídicos. |
Foros de discusión |
Espazos para discusións académicas que contribúen ao desenvolvemento do pensamento crítico estratéxico a partir do diálogo. A/o docente facilita, aconsella e guía ao alumnado para que saiba relacionar as fontes de información apropiadas. |