Realización de actividades e tarefas propias dun posto de traballo orientado a desenvolver diversas competencias adscritas ao Grao.
A organización das prácticas do Grao en Dirección e Xestión Pública segue as normas que a Universidade de Vigo establece para esta actividade.
Comprende 12 ECTS de carácter optativo e o período de prácticas curriculares comprende os meses de xaneiro-maio, correspondentes ao segundo cuadrimestre do curso.