Asistencia a clases teóricas. Non é directamente evaluable, pero será sempre materia de exame o que nelas se imparta. Asistencia a clases prácticas. A asistencia ás prácticas de laboratorio será obrigatoria. Por cada falta inxustificada, restaranse 0,5 puntos da nota final. Alumnos con avaliación continua, cualificación na convocatoria de 2ª edición. Esta segunda edición da convocatoria ordinaria cualificarase do seguinte xeito: - Un exame por valor de 6 puntos nos mesmos termos especificados para a 1ª edición para EX1 e EX2. - As notas de prácticas de laboratorio (PR1 e PR2, ata 2 puntos) mantéñense, existindo tamén a posibilidade de refacer estes traballos para mellorar esta nota. - Manterase a puntuación acadada na proba práctica de laboratorio (ORD ata 2 puntos), pero tamén se poderán realizar un exercicio práctico no ordenador para mellorar esta nota ao rematar o exame de 2ª edición. Alumnos aos que lles foi concedida pola facultade a posibilidade de ser cualificados sen avaliación continua. A súa avaliación abrangue contidos teóricos e prácticos da materia por valor de 10 puntos do seguinte xeito: - Exame de preguntas obxectivas: exame de 6 preguntas de 1 punto con contidos teórico-prácticos da asignatura. - Exame consistente na resolución de varios problemas teórico-prácticos, cuxo valor será o 40% da nota final. Estas probas de avaliación realizaranse nas datas habilitadas para exames e fixadas polo centro. Convocatoria extraordinaria. O exame de convocatoria extraordinaria abrangue contidos teóricos e prácticos da materia por valor de 10 puntos do seguinte xeito: - Exame de preguntas obxectivas: exame de 6 preguntas de 1 punto con contidos teórico-prácticos da asignatura. - Exame consistente na resolución de varios problemas teórico-prácticos, cuxo valor será o 40% da nota final. Estas probas de avaliación realizaranse nas datas habilitadas para este tipo de exames e fixadas polo centro. Compromiso ético. Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado, atendendo especialmente ao indicado nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do alumnado da Universidade de Vigo (aprobado no claustro do 18 de abril de 2023). |