No desenvolvemento da materia utilizarase unha metodoloxía de avaliación continua baseada na combinación das seguintes tipoloxías de actividades:
Resolución de problemas de forma autónoma 40%
Resolución de problemas e exercicios 40%
Exame de preguntas obxectivas 20%
Metodoloxía de avaliación global
A elección da modalidade global de metodoloxía significará que o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía global. Os exercicios deberán presentarse no exame final, a desenvolver durante o período oficial de exames.
Convocatoria extraordinaria
Na convocatoria extraordinaria o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na convocatoria ordinaria. Ademais, deberá presentarse a un exame final na data e hora marcada no calendario oficial do grao.
A non presentación de algún dos exercicios ou o exame final suporá a suspensión da asignatura, tanto na convocatoria ordinaria como extraordinaria.
Datas de avaliación:
Poden consultarse todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro na dirección: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/ |