Guia docente 2024_25
Facultad de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisitoterapia laboral e ergonomía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia
Lección maxistral Nas clases teóricas, a clase maxistral combinarase con clases teórico-participativas onde fomentarase e motivarase a participación do alumnado. As actividades pódense establecer previamente á impartición da clase e a súa entrega a través da plataforma virtual da materia en Moovi para o seu posterior debate durante a clase teórica.
Resolución de problemas Durante estas sesións desenvolveranse exercicios de resolución de problemas en grupo, que forman parte da avaliación continua (explicada no apartado correspondente) e a asistencia e entrega do documento de resolución destas actividades deberá ser entregada e superada polo/a alumno/a para optar aprobar a materia.
Traballo tutelado Os/As alumnos/as realizarán un traballo relacionado co temario da materia. Este pode ser individual ou en grupo e debe ser acordado co/a profesor/a. Os/as alumnos/as presentarán o seu traballo ao/á profesor/a e outros/as compañeiros/as do traballo tutelado.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000