O alumnado que non se acolla a avaliación continua deberá comunicalo por escrito segundo o procedemento establecido pola Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continua deberá realizarse como data límite na 5ª semana de docencia; esta renuncia suporá que o alumnado acóllese á avaliación global establecida da materia. Unha vez renunciada á avaliación continua, non terá dereito a ela nin ás consideracions que nela se establezca. En calquera das modalidades de avaliación, para superar a materia o alumnado debe ter superados de forma independente a avaliación dos contidos prácticos, dos contidos teóricos e do traballo. Se, se da o caso que o/a alumno/a obteña unha nota superior a 5 na avaliación final como media das notas acadadas nas diferentes probas de avaliación, pero non conta cunha das partes superadas, acadará unha nota de 4,5.
Avaliación continua A avaliación continua contará da avaliación de contidos teóricos a través dun exame de desenvolvemento(40%) no cal se esixe resposta efectiva. Para a avaliación dos contidos prácticos nesta modalidade, se esixe a asistencia ao 80% das prácticas. Os contidos prácticos se avaliarán a través da oservacións sistemática nas clases (30%), a través da entrega dun informe de prácticas (10%) e a través dunha proba de simulación (10%). Ademáis o alumnado deberá levar a cabo un traballo en grupo (10%) Avaliación global No caso de que o alumnado renuncie a avaliación continua, terá dereito á avaliación globa que constará de: - Examen de desenvolvemento (40%) - Examen de práctica de laboratorio (50%) - Realización dun traballo (10%) Avaliación de segunda oportunidade A avaliación da segunda oportunidade será igual que a avaliación global. |