Presentación |
Exposición e defensa por parte da/o alumna/o ante a/o docente e as/os estudantes do traballo tutelado. |
Prácticas de laboratorio |
Empregarase a demostración experimental, o role playing, o tratamento didáctico de erros e o adestramento sistemático. O/a docente fará a demostración de como se debe realizar a valoración e/ou o protocolo de tratamento, a continuación o alumnado realizará por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo/a docente e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Na corrección terase en conta por unha banda a posición do usuario/paciente, as tomas e contratomas realizadas, así como a execución da manobra e a ergonomía do alumno que está a realizar a práctica. Así mesmo, terase en conta a actitude de aprendizaxe do alumnado. |
Foros de discusión |
Existirá un foro de discusión a disposición do alumnado para preguntar e resolver dúbidas, de modo que todas as dúbidas queden recollidas para a aprendizaxe do grupo. |