O alumnado que non queira seguir a avaliación continua deberá notificalo por escrito seguindo o procedemento que estableza a Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continua debe realizarse na 5ª semana de docencia, o que supón que asumirá a avaliación global establecida na materia. Unha vez renunciada á avaliación continua non se terá dereito á mesma, nin ás consideracións que nela establézanse. En calquera das convocatorias se o alumnado obtén unha cualificación numérica superior a 5, pero non cumpre os requisitos establecidos para aprobar a materia terá unha cualificación de 4,5 (suspenso). En caso de ter cualificacións inferiores poñerase a nota obtida. AVALIACIÓN CONTINUA Tal e como aparece indicado anteriormente: 40% exame de preguntas obxectivas, 40% exame práctico e 20% observación sistemática O alumnado para presentarse o exame práctico ten a obrigación de presentarse e realizar o exame teórico. Para aprobar a materia débense ter superados de forma independente o exame teórico e práctico e asistir ao 80% das clases prácticas. O exame práctico pode ter bloques de preguntas e débense aprobar todos para superar a parte práctica do exame. O alumnado que teña unha das partes aprobada (teoría ou práctica) gardaráselle a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico. Na parte práctica non se gardan as notas dos diferentes bloques. AVALIACIÓN GLOBAL (renuncia a avaliación continua) O alumnado poderá examinarse do 100% da materia: 50% exame de preguntas obxectivas e 50% exame de parte práctica. O alumnado para presentarse o exame práctico ten a obrigación de presentarse e realizar o exame teórico. Para aprobar a materia débense ter superados de forma independente o exame teórico e práctico. O exame práctico pode ter bloques de preguntas e débense aprobar todos para superar a parte práctica do exame. O alumnado que teña unha das partes aprobada (teoría ou práctica) gardaráselle a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico. Na parte práctica non se gardan as notas dos diferentes bloques. AVALIACIÓN 2ª OPORTUNIDADE O alumnado poderá examinarse do 100% da materia 50% exame de preguntas obxectivas e 50% exame de parte prácticas. O alumnado para presentarse o exame práctico ten a obrigación de presentarse e realizar o exame teórico. Para aprobar a materia débense ter superados de forma independente o exame teórico e práctico. O exame práctico pode ter bloques de preguntas e débense aprobar todos para superar a parte práctica do exame. |