Todos os alumnos e alumnas deben superar cada un dos items de avaliación propostos, con polo menos o 50% da nota posible, para poder superar a materia. De non ser así se suspenderá. Na segunda oportunidade se terá en conta o mesmo sistema de avaliación e criterios establecidos na primeira convocatoria. É necesario entregar todos os traballos propostos para aprobar a materia, tanto na primeira como na segunda convocatoria. AVALIACIÓN GOBAL DA MATERIA O alumnado deberá informar o docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo establecido polo centro, achegando cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. A proba de avaliación global realizarase na data e hora fixada polo centro no calendario oficial de exames. O/o alumno/a deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación, obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 en cada unha delas. Dada a extensión das probas, os/as alumnos/as que realicen a avaliación global deberán dispoñer de 4 horas para realizalas desde a hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. Breve descrición das probas globais. Proba 1. Exame teórico. O exame teórico, que se fará na hora sinalada como inicio da proba no calendario oficial, ten un valor do 40% da nota total e é necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 para aprobar esta parte. Unha cualificación máis baixa non servirá como media con outras probas. Proba 2. Actividade práctica. Unha vez finalizado o exame teórico e tras realizar un descanso de 15 minutos, os/as alumnos/as de avaliación continua deberán asistir á sala de prácticas habitual co docente e alí dispoñerán de 3 horas (desde a hora de inicio da proba) para realizar tres actividades prácticas similares ás que realizaron os/as alumnos/as de avaliación continua. Cada unha delas terá un valor do 20% da nota total. Para superar esta parte é necesario obter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 puntos en cada un dos traballos. Unha cualificación máis baixa non servirá como media con outras probas. |