Os alumnos teñen a opción de elixir entre as modalidades de avaliación da materia: Avaliación Continua (AC) ou Avaliación Global (AG). Por defecto, asúmese que o alumnado será avaliado mediante AC e debe notificar a súa renuncia se desexa cambiar á modalidade de AG. Este aviso debe facerse dentro dun prazo máximo dun mes desde o inicio do cuadrimestre.
A AC consta de dúas partes cos seus respectivos valores ponderados:
a) Superación da parte práctica coa realización das actividades programadas, a asistencia como máximo ao 80% das clases prácticas e a participación nas mesmas. A cualificación será dun máximo 4 puntos sobre 10.
b) Superación da parte teórica mediante dúas probas escritas. A puntuación máxima será de 6 puntos sobre 10. Para aprobar a materia é necesario obter polo menos unha cualificación de 3 puntos sobre 6 na suma das dúas probas. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas.
A AG realízase mediante unha proba extensa
(4-5 horas) na data sinalada no calendario oficial na que se valorará a
adquisición de todas as competencias requiridas na materia. A proba terá dúas
partes diferenciadas. A primeira parte consistirá en preguntas sobre contidos
teóricos (60%) e, na segunda, o alumno deberá demostrar os seus coñecementos
prácticos tanto en marketing estratéxico coma operativo (40%) a tarvés de diferentes probas definidas pola docente. Isto suporá o 100% da
nota. Para aprobar o exame é necesario acadar 3 puntos sobre 6 na parte
teórica.
Na Segunda Oportunidade e convocatoria Fin de Carreira o sistema de avaliación é o mesmo que na primeira oportunidade. A cualificación da parte práctica conservarase en todas as convocatorias dese curso académico pero o traballo tutelado en grupo poderá ser mellorado a título individual. Con todo, se a materia non é superada neste curso académico o alumno deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico, por tanto, non se conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.
|