Educational guide 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Empresa: Fundamentos de mercadotecnia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Desenvolvemento de exercicios, test de repaso, foros, visualización de
vídeos na clase. Valorarase a asistencia, a participación e as presentacións
en público realizadas.
10 D1
D4
Resolución de problemas de forma autónoma Exercicios (individuais ou grupais) que se expoñen nas clases prácticas pero son desenvolvidos
polo alumnado de maneira autónoma fóra da aula. As tarefas
deberán subirse a Moovi no prazo determinado
pola profesora. A asistencia ás prácticas é obrigatoria polo que para
poder obter a puntuación do traballo un alumno debe asistir como mínimo ao 80% das sesións.
30 D1
D4
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas curtas 30 D1
D4
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas curtas 30 D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os alumnos teñen a opción de elixir entre as modalidades de avaliación da materia: Avaliación Continua (AC) ou Avaliación Global (AG). Por defecto, asúmese que o alumnado será avaliado mediante AC e debe notificar a súa renuncia se desexa cambiar á modalidade de AG. Este aviso debe facerse dentro dun prazo máximo dun mes desde o inicio do cuadrimestre. 

A AC consta de dúas partes cos seus respectivos valores ponderados: 

a) Superación da parte práctica coa realización das actividades programadas, a asistencia como máximo ao 80% das clases prácticas e a participación nas mesmas. A cualificación será dun máximo 4 puntos sobre 10. 

b) Superación da parte teórica mediante dúas probas escritas. A puntuación máxima será de 6 puntos sobre 10. Para aprobar a materia é necesario obter polo menos unha cualificación de 3 puntos sobre 6 na suma das dúas probas. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. 

A AG realízase mediante unha proba extensa
(4-5 horas) na data sinalada no calendario oficial na que se valorará a
adquisición de todas as competencias requiridas na materia. A proba terá dúas
partes diferenciadas. A primeira parte consistirá en preguntas sobre contidos
teóricos (60%) e, na segunda, o alumno deberá demostrar os seus coñecementos
prácticos tanto en marketing estratéxico coma  operativo (40%) a tarvés de diferentes probas definidas pola docente. Isto suporá o 100% da
nota. Para aprobar o exame é necesario acadar 3 puntos sobre 6 na parte
teórica.

Na Segunda Oportunidade e convocatoria Fin de Carreira o sistema de avaliación é o mesmo que na primeira oportunidade. A cualificación da parte práctica conservarase en todas as convocatorias dese curso académico pero o traballo tutelado en grupo poderá ser mellorado a título individual. Con todo, se a materia non é superada neste curso académico o alumno deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico, por tanto, non se conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000