É necesario superar tanto a parte teórica como a práctica da materia. Unha puntuación inferior a 3,5 en teoría ou a 1,5 na suma de seminarios e prácticas non fará media coa outra parte. Na convocatoria de xullo examinarase a parte suspensa (teoría e/ou práctica). Non se garda ningunha nota parcial para outros cursos. O alumnado deberá comunicar ao profesorado a súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo que estableza o centro, cubrindo e asinando o documento autorizado para o efecto. AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIAA proba global de avaliación realízase na data e nos horarios previstos polo centro no calendario oficial de exames. O alumno deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación que se enumeran a continuación, obtendo unha puntuación mínima de 3,5 puntos na parte teórica (exame e ensaio) e 1,5 nas probas prácticas. Unha valoración inferior significa que non se fará a media coa outra parte. Breve descrición das probas- Proba 1. Exame teórico. O exame teórico previsto para a materia realizarase tanto para a avaliación global e continúa. O exame será avaliado coas mesmas pautas para todos os alumnos. O exame vale o 30% da nota total.
- Proba 2. Traballo práctico. Entregar 10 traballos propostos pola profesora. O conxunto de traballos ten un valor do 30% da cualificación total e a entrega será a través da plataforma Moovi. A data e hora do exame será a data límite da entrega dos traballos. Os detalles dos contidos dos traballos daranse a coñecer na plataforma Moovi cun mes de antelación, polo que o alumnado deberá acudir a esa plataforma para coñecer os requisitos.
- Proba 3. Entrega do ensaio final a través da plataforma Moovi con data límite o día e no momento do exame, que pondera o 40% restante da nota. É responsabilidade do alumnado comprobar en Moovi as características da redacción e a súa avaliación.
Resumo das probas e porcentaxe de avaliación global do conxunto de tarefas.1. Exame. Valoración do 30% da nota total. 2. Traballos prácticos. Valoración do 30% da nota total. 3. Ensaio. Valoración do 40% da nota total. |