Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B1 |
Coñecer as características esenciais da comunicación, os seus elementos e os seus resultados. |
B5 |
Coñecer os valores constitucionais, principios éticos e normas deontolóxicas aplicables á comunicación audiovisual, en especial as relativas á igualdade de homes e mulleres, á non discriminación de persoas con discapacidade e ao uso non sexista da imaxe feminina nos medios de comunicación de masas. |
B6 |
Traballar en equipo e comunicar as propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio. |
B7 |
Asumir riscos expresivos e temáticos, aplicar solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos |
B8 |
Orde e método: habilidade para a organización e temporalización das tarefas, realizándoas de maneira ordenada adoptando con lóxica as decisións prioritarias nos diferentes procesos de produción audiovisual |
C1 |
Coñecer o uso correcto oral e escrito das linguas oficiais como forma de expresón profesional na industria audiovisual. |
C11 |
Definir proxectos persoais de creación innovadora que contribúan ao coñecemento ou desenvolvemento das linguaxes audiovisuais ou á súa interpretación |
C14 |
Coñecer e aplicar os recursos, métodos e procedementos empregados na construción e análise dos relatos audiovisuais |
C20 |
Escribir con fluidez guións para os diferentes formatos audiovisuais |
C23 |
Analizar e implementar estratexias de márketing para o desenvolvemento, distribución e consumo de produtos audiovisuais e multimedia orientados ao mercado. |
D1 |
Comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |