A materia Realización Audiovisual abarca as técnicas e procedementos para a elaboración de distintas producións audiovisuais e programas de televisión. Trata os temas relacionados coa linguaxe audiovisual, empezando pola composición e a edición de imaxe para conseguir pezas audiovisuais de calidade.
Preténdese preparar ao alumno para o traballo en equipo nos distintos campos de traballo das producións audiovisuais.