Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Realización audiovisual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Explicación no aula dos contidos teóricos da materia. 0 A2
B3
B4
B5
B6
C2
D1
Presentación Avaliación contínua do alumno no desenvolvemento dos traballos en equipo. Neste apartado valorarase a asistencia, participación activa e rendemento individual nas mesmas 30 A2
B3
B4
B5
B6
C2
C11
D1
Prácticas de laboratorio Traballos prácticos valorados por equipos:
Noticia
Entrevista
Videoclip
Reportaxe
Secuencia Ficción
40
Exame de preguntas obxectivas Para avaliar os coñecementos teórico prácticos. Versará sobre todos os aspectos relativos á linguaxe audiovisual nos distintos medios, desde o punto de vista técnico e narrativo. 30 A2
B3
B4
B5
B6
C2
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno poderá optar a dous tipos de cualificación:
avaliación continua e avaliación global.

1 - Avaliación continua: Serán aplicadas as porcentaxes e conceptos
anteriores. A cualificación final será a nota
media dos 3 apartados, segundo as porcentaxes relativas explicados no apartado de avaliación. Non obstante, para superar a
materia será preciso obter, como mínimo, un 5 en cada un deles. No caso dunha cualificación
inferior, non se poderá compensar cos outros apartados, aínda que se conservarán as partes aprobadas para a
convocatoria de xullo.

 Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos
criterios. O alumno repetirá as partes non aprobadas e fará, si procede, un novo
exame.

Tamén se necesitará unha nota mínima de 5 en cada
apartado, para superar a materia.

Todos os detalles da estrutura do exame, enunciados
dos traballos e das prácticas, calendario de entrega, criterios de corrección,
así como as cualificacións, serán publicados na plataforma MOOVI.

Será responsabilidade do alumno estar atento a esta
información, xa que non se facilitará a través de ningunha outra vía.

 

2 - Avaliación global - De acordo a o establecido no Regulamento sobre
a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do alumnado
, quen non opte pola modalidade de avaliación
continua, terá dereito a unha proba global nas datas que a Facultade determine.
Será unha proba única e que permitirá cualificar a o alumnado entre 0 e 10,
igual que en la avaliación continua. Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente
polo alumno, coa antelación e procedementos que o Decanato da Facultade determine,
e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas polo método
de avaliación continua.

A proba realizarase na data e horario establecido
oficialmente pola Facultade. Terá duas partes:

Teoría - Será a mesma que a
de avaliación continua. Suporá o 30% da cualificación.

Práctica – 70% da cualificación.

A parte práctica do exame consistirá nunha proba técnica na que apliquen os coñecementos teóricos, e que simule unha situación de traballo real (30%)

e entrega de varios traballos prácticos o día do exame 40% acordados co docente.

A cualificación final será a nota media das 2 probas, teórica e práctica.
Non obstante, para superar a materia será preciso obter, como mínimo, un 5 en cada
unha das partes.

Na segunda edición (xullo) o método será idéntico
o da primeira edición e tamén se necesitará unha nota mínima de 5 para facer a
media coa parte práctica.

Todos os detalles da estrutura do exame, material
de estudio, enunciados dos traballos, criterios de corrección, así como as cualificacións,
serán publicados na plataforma MOOVI.

Será responsabilidade do alumno estar atento a esta
información, xa que non se facilitará a través de ningunha outra vía.

Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase
en base ó citado Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000