O alumnado ten a opción de elixir entre as modalidades de avaliación da materia: Avaliación Continua (AC) ou Avaliación Global (AG). Por defecto, asúmese que o alumnado será avaliado mediante AC e debe notificar a súa renuncia se desexa cambiar á modalidade de AG. O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo dun mes desde o inicio do cuatrimestre. A AVALIACIÓN CONTINUA Consta de dous partes cos seus respectivos valores ponderados: 1. A superación da parte práctica que supón un 40% da nota, repartíndose a mesma en:
- Resolución de casos, actividades programadas e a participación nas mesmas (15%);
- A realización dun proxecto en grupo, a entrega nun documento e a súa exposición (25%).
É necesaria unha puntuación de 5 sobre 10 en cada parte para superar a materia. A asistencia aos seminarios é OBRIGATORIA polo que para poder obter a puntuación desta parte o alumnado debe asistir como mínimo ao 90% das sesións.
2. Superación da parte teórica que supón un 60% da nota mediante dúas probas escritas: - A realización dun exame de desenvolvemento durante o curso para a asimilación de coñecementos, cun peso do 20% na nota final,
- A realización dun exame de preguntas obxectivas que se realizará na data indicada no calendario oficial e será en 40% da nota final.
É necesario sacar un 5 sobre 10 en cada unha das probas para poder superar la materia.
AVALIACIÓN GLOBAL: A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispor de 3 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. Breve descrición das probas Proba 1. Exame teórico. Realizarase o exame teórico previsto para a materia tanto para a avaliación global como continua ademáis dunha parte de preguntas de desenvolvemento similar o realizado durante o curso polo alumnado de AC. Será avaliado coas mesmas pautas para todo o alumnado. O exame ten un valor do 60% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas.
Proba 2.Proxecto. Facer entrega dun traballo realizado de forma individual coma o alumnado de AC. Terá un valor do 25% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima de 5 puntos para superar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. O traballo será entregado e exposto antes da data do exame. O detalle dos contidos do traballo, metodoloxías e criterios de avaliación serán os mesmos que para os estudantes de avaliación continua. Proba 3. Actividade práctica. Facer entrega dos traballos propostos polo docente. O conxunto dos traballos ten un valor do 15% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima de 5 puntos en cada un dos traballos para superar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de avaliación global unha vez rematado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua.
** SEGUNDA OPORTUNIDAD Y CONVOCATORIA FIN DE CARRERA ** O sistema de avaliación é o mesmo que na primeira oportunidade. Realízase mediante unha proba de preguntas obxectivas na data indicada no calendario oficial e valorarase a adquisición das competencias requeridas na materia. A cualificación da parte práctica conservarase en todas as convocatorias dese curso académico pero o traballo tutelado en grupo poderá ser mellorado a título individual. Con todo, se a materia non é superada neste curso académico o/a alumno/a deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico, por tanto, non se conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso. |