O alumnado terá que facer a presentación oral e defensa do seu TFM perante o tribunal asignado, que asignará o 100% da cualificación. Nesta, terase en conta a corrección na expresión oral, a capacidade de síntese, as capacidades comunicativas, así como a corrección e argumentación das respostas e a súa adecuación ás posibles cuestións que os membros do tribunal lle poidan formular.
Os apartados a valorar serán:
- Cuestións formais: 5%. - Obxectivo, fundamentación teórica: 15%. - Deseño e desenvolvemento: 25%. - Conclusións: 15%. - Presentación e defensa: 40% (25% por competencia comunicativa, capacidade de síntese e calidade dos medios e materiais + 15% por argumentación e adecuación das respuestas ás cuestións formuladas).
O alumnado poderá presentar o TFM nas diferentes convocatorias existentes cando cumpla os requirimentos para facelo.
|