Código |
Descrición |
B1 |
Saber aplicar os coñecementos adquiridos sobre o funcionamento dos procesos neuropsicolóxicos e a resposta organizativa de centro e servizos de apoio en contornas con poboacións con dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento, así como no deporte de base e na actividade física para poboacións especiais. |
B2 |
Sintetizar os coñecementos adquiridos sobre evaluación e intervención, resposta organizativa de centro e os servizos de apoio e integralos nos contextos de aprendizaxe do estudante, o deporte de base, así como da actividade física para poboacións especiais, a saúde e a calidade de vida, sen discriminación de xénero, de clase, nin de etnia. |
B3 |
Diseñar sistemas de asesoramento e de intervención educativa tendo en conta a resposta organizativa do centro, as metodoloxías e as TIC para a inclusión escolar, así como o deporte adaptado, a actividade física para persoas con distintas discapacidades, o exercicio físico, a saúde e a calidade de vida. |
B4 |
Xeneralizar a distintas contextos e situacións o coñecemento, as destrezas adquiridas, axustando as habilidades pertinentes que as conforman. Todo iso con criterios de non discriminación de xénero e respecto dos valores democráticos. |
C1 |
Saber aplicar sistemas de avaliación e intervención á determinación das necesidades educativas especiais dos estudantes con discapacidade intelectual, motriz e sensorial; de dificultades de aprendizaxe derivadas do contexto sociocultural, de discriminación por razóns de xénero, clase, e etnia e de dificultades de aprendizaxe específicas (lectura, escritura e cálculo), delimitando ámbitos prioritarios de actuación e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe significativa e relevante. |
C2 |
Saber detectar e analizar posibles barreiras para o acceso ao currículo, a aprendizaxe e a participación do alumnado con necesidades educativas especiais e problemas de aprendizaxe. |
C3 |
Coñecer os sistemas adecuados para intervir na mellora da competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicolóxico, social, de actividade física e deportivo que poidan relacionarse cas súas necesidades educativas especiais. |
C4 |
Xerar destrezas para aprender a diseñar, en colaboración co profesorado de aula, plans de traballo individualizado para o alumnado con necesidades educativas específicas integrados na resposta organizativa do centro e nos servizos de apoio, utilizando as TIC e favorecidos por actividades de deporte adaptado e que potencien actividades de saúde e calidade de vida. |
C6 |
Saber evaluar as implicacións do uso de diferentes respostas educativas ante os problemas derivados da atención á diversidade. |
D4 |
Propoñer iniciativas, xerar ideas novas e adaptarse a situacións diversas con flexibilidade. |
D5 |
Capacidade de organización, planificación e autoevaluación. |
D6 |
Traballar en grupo e desenvolver actitudes de participación e colaboración. |
D7 |
Comunicar con eficacia o coñecemento obtido, de forma oral e escrita, tanto a persoas non expertas como a outros especialistas, utilizando os recursos persoais e apoiándose nas tecnologías da información e da comunicación. |
D8 |
Recoñecemento da diversidad e da multiculturalidad. |
D9 |
Actuar con coherencia, responsabilidade e rigor, mantendo un compromiso ético. |