Aprendizaxe baseado en proxectos |
Serán varias as estratexias que poñamos a disposición do alumnado para seguir con éxito o
desenvolvemento da materia:
Durante a realización dos proxectos o alumnado poderá comprobar se o seu traballo é correcto a través de modelos comparativos.
Nas Titorías grupais o alumnado pode ir comprobando a evolución na aprendizaxe mediante a retroalimentación do proceso tanto na relación co profesor como cos seus compañeiros (co-avaliación). Intentaremos poñer en común os avances e estado actual do rendemento individual e de grupo. Ademaís disporá de probas de autoavaliación co fin de reflexionar de forma sistemática sobre o que se está a facer, os avances sobre o aprendido, e a funcionalidade práctica dos contidos impartidos. |
|