Alumnado
que opte pola metodoloxía de avaliación continua (80% de asistencia):
Para
superar a materia será requisito imprescindible aprobar cada un dos traballos
que se indiquen e o exame. Na súa valoración tamén se contemplará a capacidade para producir textos orais e escritos pertinentes no seu contido, ben estruturados, adecuados á situación comunicativa e correctos desde a perspectiva ortográfica e gramatical. Así mesmo, terase en conta a participación en eventos científicos (Congresos, Seminarios,
Xornadas...).
De
non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán de novo
avaliadas na convocatoria de xullo.
Alumnado
que opte pola metodoloxía de avaliación global:
Será
avaliado mediante as mesmas probas e traballos expostos para o alumando
presencial. Para a súa realización contará con documentos-guía no Moovi.
Comunicaralle
á persoa docente a súa decisión de aterse á metodoloxía de avaliación global
nas primeiras seis semanas de inicio do cuadrimestre para marcar un plan de
traballo.
As
datas oficiais dos exames pódense consultar na páxina web da facultade (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames). |