Traballo tutelado |
Valoración do traballo de elaboración de materiais didácticos de Filosofía para crianzas e Educación en valores e da exposición e defensa oral do resultado do traballo. Serase esixente coa adecuación do resultado aos criterios esixidos para este tipo de actividade. |
35 |
A3
|
B8
|
C13 C23
|
D1 D3 D6 D14
|
PRIMEIRA CONVOCATORIA: O alumnado presencial e o non presencial ten que
alcanzar o 50% en cada unha das probas para superar a materia.
SEGUNDA CONVOCATORIA: De non superar a materia, as competencias non
adquiridas serán avaliadas exclusivamente co exame da convocatoria de
xuño-xullo. Con todo, se o alumnado presentou e superou as partes
prácticas durante o curso, gardaráselle a nota para facer media co exame
da convocatoria de xuño-xullo, pero non se poderán presentar as
prácticas na segunda convocatoria. AVALIACIÓN CONTINUA (ALUMNADO PRESENCIAL): Seminario (25%); Traballo tutelado (35%); Exame de preguntas de desenvolvemento (40%) AVALIACIÓN GLOBAL (ALUMNADO NON PRESENCIAL): O alumnado que non poida asistir á clase
regularmente, non poida seguir a avaliación continuada nin asistir a
titorización dos traballos, realizará as seguintes probas: 1.- Unha
proba de contidos teóricos (ata 4 puntos, 40%). 2.- Un traballo, a
determinar polo profesor/a (ata 3,5 puntos, 35%). 3.- O resumo de dous
libros, a determinar polo/a profesor/a responsable da materia (ata 2,5 puntos 25%). Para aprobar é preciso alcanzar o 50% da puntuación en cada
unha das 3 probas. Os criterios de avaliación da segunda convocatoria
son os mesmos tanto para o alumnado presencial como para o non
presencial.
As datas oficais de exame poden consultarse na páxina web da Facultade,
no apartado de organización académica, espazo "datas de exames" (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames/). As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico. |